Skip to content
Lyric
Dive
Public playlists
My playlists
Search
Sign in
Ceder á decepción
NAO
Popularity · Low
+
🇬🇱 Galician · Original
0
0
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Original
Translation
Bilingual
Sempre escoitei unha voz, unha doce canción
Atopei os problemas buscando as solucións
Só parei para chorar e a canción rebotou
No meu peito e dun golpe axudoume a levantar
Soportei o vendaval, a traizón, as mentiras
O medo e tamén, esa pobre educación
Que aconsellaba calar, esconder ese puño fechado
Que eu estaba xa a levantar
Si, aprendín a maldicir
Odiar, cantar, correr e fuxir
Nunca cederei á decepción
Non me arrastrarei con eles
Sempre combater, nunca renderse
Caer, erguerse
Nunca cederei á decepción
Non me arrastrarei con eles
Sempre combater, sempre loitar
Soñar, crear
Atravesei un deserto enchín os baleiros
Xoguei coa demencia e pedinche perdón
Non fixen só o que quixen, tamén o que puiden
Comprende que agora só me mova a paixón
Quero explicar porque son como son
O que sinto, o que penso máis só se ti o queres escoitar
Coñecerás esas voces segredas que alentan
E enceden de cores a nosa rebelión
Si, aprendín a respirar
Amar, parar, deixar de fuxir
Nunca cederei á decepción
Non me arrastrarei con eles
Sempre combater, nunca renderse
Caer, erguerse
Nunca cederei á decepción
Non me arrastrarei con eles
Sempre combater, sempre loitar
Soñar, crear
Nunca cederei
Nunca cederei
Nunca cederei
Nunca cederei
Nunca cederei á decepción
Non me arrastrarei con eles
Sempre combater, nunca renderse
Caer, erguerse
Nunca cederei á decepción
Non me arrastrarei con eles
Sempre combater, sempre loitar
Soñar, crear