Skip to content
Lyric
Dive
Public playlists
My playlists
Search
Sign in
Filla Filliña
Fillas de Cassandra
Popularity · Low
+
🇬🇱 Galician · Original
0
0
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Original
Translation
Bilingual
Filla filliña
Ai se te teño
Quero cantarte e durmir o medo
Fóra hai soños de sangue e ferro
Que desvelo que desvelo
Haberá días en que a tenrura
Queira mirarte dende as alturas
Podes ser boa podes ser dura
Coida da raiba
Cura que cura
Que cando medres ai cando crezas
Rompas e bailes cando anoiteza
Chegues con calma
Vaias sen présa
Por moi escura que a noite sexa
Aínda que chegue o desacougo
Pesando a voz e pesando o corpo
Sempre filliña sempre hai un oco
Vén a acocharte
Vén que te arroupo
Ai filliña
Ai se eu morrera
Segue cantando e durme a pena
Ai filliña
Ai se eu morrera
Non te desvela
Non te desvela
Ai filliña
Ai se eu morrera
Non te desvela
Non te desvela
Ai filliña
Ai se eu morrera
Non te desvela
Non te desvela
Ai filliña
Ai se eu morrera
Non te desvela
Non te desvela