Skip to content

E triste

Nao
Popularity · Low

YouTube

Searching YouTube...

Lyrics

Son as miserias sementadas nas vergoñas inxectadas que atopan sustento nos charlatáns falabarato que disfrazan o seu sistema de vítimas ebrias. A confesión dos seus sicarios redención dos mandatarios e a súa santa puta compaña. A diferenza da súa resta non somos indiferencia, somos a conciencia. É triste, que só as sombras nos guíen, nos rompan os soños e a barca cos nosos berros afogándoos no lume dobrándoos a ferro. Soio son polos sen cabeza os que dirixen esta orquestra que toca a defunto. Nunha néboa represiva que se aforca nas cortinas dos novos ministerios. Acabarán co seu certame de disfraces e de fraudes, do expolio dos necios. Que no egoísmo e o privilexio condénannos a un futuro cunha mueca desdebuxada. É triste, que só as sombras nos guíen, nos rompan os soños e a barca cos nosos berros afogándoos no lume dobrándoos a ferro. Basta xa de ser a súa maldita alfombra, de que a nosa bandeira sexa un pano de bágoas. Non son lunces de neón, o que brila é gasoil, ennegrecendo esta barca digo basta, basta. Basta xa de chorarlle a unha caixa baleira, de erguernos só en armas dende as nosas cadeiras, de saber vomitar e logo disimular. Non asumir que esta anorexia mata a independencia. Basta xa de asumir que todo isto é moi triste. Basta xa de asumir que todo isto é moi triste. Basta xa de asumir que todo isto é moi triste. Basta xa de aceptar, basta xa de asumir, basta xa de tragar. Eu digo basta, basta. Somos a rosa que non sabe cravar as espiñas. Só tatexamos consignas, coséronnos a lingua. É triste, que só as sombras nos guíen, nos rompan os soños e a barca cos nosos berros afogándoos no lume dobrándoos a ferro.