Skip to content

Valentes (Sesiones Moraima 2)

Popularity · Low

YouTube

Searching YouTube...

Lyrics

Se cambias a fala, será a nosa linguaxe Libera a equipaxe, que se acha a levo eu Se treme a túa risa, será porque ris forte Será que entre a xente, teus pés soan mellor E gañas carreiras e todos aclaman o teu nome E perdes se queres o norte, que gaño contigo a razón De tanta beleza, a lúa agita o teu embigo E crecen ao nome dos ríos, o teu ventre nun pacto de amor Ela ve cores no meu branco e negro Chegou o outono ao seu cabelo E logo non deixou de sorrir na batalla Esa que non sempre se gaña Se bailas máis lento, será para que aprendas Decláralle a pena á túa bélica paixón Se chega o insonio, confésame algún soño Permite que no tempo perdure a túa calor Déixame decidir se quero coidarte Volvéndote estrela que arde Que todo se acenda de ti Ela ve cores no meu branco e negro Chegou o outono ao seu cabelo E logo non deixou de sorrir na batalla Esa que non sempre se gaña Tempo despois quixen vela e onte na súa habitación Outra muller sostiña un papel, falle unha canción El marchou chorando o mesmo mar onde unha vez Xurou que non a esquecería Despediu a un anxo disfrazado de muller Para coidar da súa familia Ela viu cores no meu branco e negro Chegou o outono ao seu cabelo E logo non deixou de sorrir na batalla Esa que non sempre se gaña