Unha fala e un cantar
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Popularity · Low
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Os meus ollos a chorar
Fixeron coas nochan
E cousa que os teus non fixeron
Nin de seguro farán
Cousa que os teus non fixeron
Nin de seguro farán
Inda agora aquí cheguei
E máis cedo non puiden vir
E cheguei a tempo dabondo
Pras túas falas ouvir
Cheguei a tempo dabondo
Pras túas falas ouvir
Anque estou aquí cantando
Triste está o meu corazón
E que o teño máis amarelo
Que a casca dun limón
E que o teño máis amarelo
Que a casca dun limón
A despedida che dou
E con rosas e caraveis
Pois según vou entendendo
A despedida a ti quere
Pois según vou entendendo
A despedida a ti quere
Non, non marches meu amor
Adeus ben da miña vida
Sempre no meu corazón
Se algunha vez decidiras regresar
Tela miña porta aberta
Unha fala e un cantar
Eite de amar é mais sei
Eite de amar é mais sei
Non me perda lo cariño
E non che perderei a lei
Non, non marches meu amor
Adeus ben da miña vida
Sempre no meu corazón
Se algunha vez decidiras regresar
Tela miña porta aberta
Unha fala e un cantar
Corazón de larga lei
Corazón de larga lei
Se ti vas tamén eu vou
Se ti quedas quedarei