Skip to content
Lyric
Dive
Public playlists
My playlists
Search
Sign in
Fusco
Berrogüetto
Popularity · Moderate
+
🇬🇱 Galician · Original
0
0
Listen
YouTube
1
2
3
0:00 / 0:00
Loading YouTube player...
Lyrics offset
Synced
Lyrics
Original
Translation
Bilingual
Non sei por qué, non sei cómo,
Non sei onde, nin sei cando;
Pero entre fusco e lusco,
Estareite aquí agardando.
Dime por qué, dime cómo,
Dime onde, dime cando;
Sabes que entre fusco e lusco,
Estareite aquí esperando.
Como un paxaro sen aire
Atravesando camiños,
Vives no teu mundo alleo
E foxes do teu destino.
Se che canto, non me escoitas;
Se te chamo, non respondes.
Non me colles, nin me deixas;
Non me deixas, nin me colles.
Quítasme o sono na noite
E por moito que che diga,
Acabas sempre levándome
Os soños que prometías.
Non me podes ver de preto,
Nin de lonxe tan sequera.
Pasas diante dos meus ollos,
Como se eu non estivera.
Non sei por qué, non sei cómo,
Non sei onde nin sei cando;
Pero entre fusco e lusco,
Estareite aquí agardando.
Dime por qué, dime cómo,
Dime onde, dime cando;
Sabes que entre fusco e lusco,
Estareite aquí esperando