Skip to content
Lyric
Dive
Public playlists
My playlists
Search
Sign in
Non Eres Ti
Triángulo de Amor Bizarro
Popularity · Low
+
🇬🇱 Galician · Original
0
0
Listen
YouTube
1
2
3
0:00 / 0:00
Loading YouTube player...
Lyrics offset
Synced
Lyrics
Original
Translation
Bilingual
A vida é como unha partida
Na que se xoga con cartas marcadas
Da igual o que fagas my n'gga
Dende o comezo estaba amañada
Busca unha saída de escape
E finxe que a tes controlada
Acabarás pedindo axuda
Coma o resto de tontolabas
Mentres tanto escolle un sendeiro
Podes ser médico ou enfermeiro
Cómprate un piso, un terceiro
E adopta un can de palleiro
Busca un soño, non sexas parguela
Apunta alto, serás unha estrela
O próximo Biggie ou Nelson Mandela
Algo que deixe pegada na terra
E cando falle busca unha pedra
Busca unha ventá pa tirala e rompela
Busca un ideal ao que aferrarte
Busca unha praza e un estandarte
Cando amaneza
E arrinquen os motores dos tanques
O mundo buscará a alguén, oh si
Pero ese alguén non eres ti
Non eres ti
Non eres ti (non eres ti)
Non eres ti (non eres ti, non)
Non eres ti
Cando todo falle busca unha pedra
Busca unha ventá pa tirala e rompela
Busca un ideal ao que aferrarte
Busca unha praza e un estandarte
Cando amaneza
E arrinquen os motores dos tanques
O mundo buscará a alguén, oh si
E podo ser eu
No noso peor ano
Na nosa peor noite
Sentímonos estranos
E non hai ninguén que nos escoite
Vivimos encerrados
Mirando ao horizonte
Esperando sentados
A que o destino nos encontre
Pero o futuro hai que ir a por el
Hai que domalo como curioso corcel
Queres construir a torre de Babel
E en vez de cemento utilizas papel
Cando se derrumbe busca unha pedra
Busca unha ventá pa tirala e rompela
Busca un ideal ao que aferrarte
Busca unha praza e un estandarte
E cando amaneza
E arrinquen os motores dos tanques
O mundo buscará a alguén, oh si
Pero ese alguén non eres ti
Non eres ti
Non eres ti (non eres ti)
Non eres ti (non eres ti, non)
Non eres ti