Internete non existe
Popularity · Low
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Déixame entrar outra vez, aínda que sexa a derradeira
Nese lugar que cheira a viño, sudor e meixo
Teño problemas peores ca eses dos que me queixo
E antes aínda vou morrer de noxo
Quero mirar os teus ollos de frente
Quero abrazarte cando me mintas
As matemáticas son cousas abstractas
Isto son ciencias distintas
Os números que contas, as letras que xuntas sen sentido
Tes dereito a quedar calado, Internet non existe
A vida nunca foi tan triste
Teño moito frío, teño moito frío
Teño moito frío, estou aterecido
Éche luz proxectada, deixo lume pero non canta
Eses malditos hologramas non teñen resposta fóra do programado
E teño que facelo, teño que darlle o parabén
Teño que admitilo
Teño que dicir que o iogur de fresas sabía a fresa
E quedar tan tranquilo
Moito nos pesa o cebolo
Con tanta merdada dentro dos miolos
A galaxia ten un furado e vivimos nun bucle dun vinilo raiado
A xente non ten tempo para tomar un viño
Pero hai tempo para contarnos que non ten tempo
Nós nunca coñecimos os vellos tempos
Nós fomos vellos antes de tempo
Quero comer un deses, quero ver o mesmo que vedes vós
Deben fallar os fusibles, non me sae nada desta tele de videodrom
Alguén dixo ruido branco, será que somos de tinto?
Vou escachar os espellos deste labirinto
E tres raguñazos no peito para que sangre
Abre unha porta a un mundo imperfecto
Teño unha mini civilización por dentro
Con casiñas, ríos, viñas e camiños
O chan está cheíño de lama, sempre foi así pero non che acorda nada
Un pretexto, Internet non existe
A vida nunca foi tan triste
As túas adolescentes son patroas con bigotes, sódato
Que vou facer cando me corten a luz?