Eao De Malvela
Popularity · Low
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Eu gosto das Malvela porque nalgúns casos
Lémbranme a miña nai e noutros as miñas irmás
Se eu tivese nai encantaríame que estivese en Malvela
E non por aí no bingo
Cantando, contenta, deixando ao meu pai na casa
"Ti vai to o fútbol que eu vou actuar"
Porque as Malvela representan esa enerxía
A das nosas nais, a das nosas irmás, as mellores
As que cando hai que estar no hospital están elas
E cando hai que cantar están elas
E cantan as que cantamos toda a vida
As de aquí e as de acolá, as desta beira do Miño e as de alá
As de toda a vida, eu que sei
"Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía"
E aínda o dis
Cala a boca
Si tes un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía
Non o vaias dicindo por aí
Que iso é bigamia
E aínda dicimos "para ver aos meus amores
Teño que pasar a ría", non, se che parece vai a Ourense, entende
Para ir de Rianxo a Vilagarcía hai ría, para ir a Cangas hai vapor
E mais non pagas a autopista
As clásicas, "para vir á Xunta a min"
E a que ten que vir a Xunta a min?
Se é para pagar que veña, entende
Se é para cobrar nin se llo corra, non?
As de sempre, as cantigas de toda a vida
Ás veces pícaras, non? Eu que sei, a min gústame esa de
Débello dicir ela a ela xa un pouquiño farto de sexo
Débelle dicir "e pousa, pousa, pousa
E sobre todo, mi lucha, non me toques naquela cousa", non?
Ou ela debe de chamarse Ciña porque di "e pousa, pousa, Ciña
Pero non me toques naquela cousiña", non?
Xa unha declaración de principios
As de toda a vida, eu por eso gosto das Malvela
Gosto de Malvela, da flor da Malvela
Do arrecendo da Malvela, é un arrecendo a limpo
A casa feita, a comida rica
Gosto do nome Malvela
Nome de illa mítica, de arquipélago
O arquipélago das Malvelas no mar de Mos
Para mariñeiros Mos, para mariñeiras vós
Gosto das illas Malvelas cheas de verde, de nenas e nenos
Correndo, xogando, roupa a clareo
Deberíades crear a vosa liña de perfume Eau de Malvela
Que na tele dirían "Eau de Malvelá"
Cun toque a fiunchu e outro a cravo mesmo
O cravo portugués, verde e vermello
Sede vós mesmas esta noite, Malvelas, vós mesmas, desfrutade
Aprendédenos a vivir, a botarlle Malvela á vida
Á boa vida, á vida Malvela
Decide todas e todos comigo, viva Malvela!
Rallanas