Cantar De Muíño
Xabier Diaz
Popularity · Low
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Asubía que vai vento
Asubía que vai vento
Tamén eu asubiaba
cando era do teu tempo
Tamén eu asubiaba
cando era do teu tempo.
Canta prima canta prima
canta pola primavera.
Canta que me leva o aire
canta que o aire me leva.
Canta que me leva o aire
canta que o aire me leva.
Estreliña do luceiro
vai andando que eu xa vou-e.
Vaime dando claridade
que o luar xa se acabou-e
vaime dando claridade
que o luar xa se acabou-e.
Canta rula na gaiola
Canta rula na gaiola
Canta rula canta rula
que o teu cantar enamora.
Canta rula canta rula
que o teu cantar enamora.
Porque non cantades nenas
porque non cantades todas
Unhas porque teñen gharbo
e outras porque son señoras.
Unhas porque teñen gharbo
e outras porque son señoras.
Xa me vou deica mañan-e
Xa me vou deica mañan-e
un adeus para os que se quedan
outro para os que se van-e.