A Espiña Cravada
Popularity · Low
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Teño unha verba retorta
A teño metida na boca
O que sempre a ten pecha nunca se equivoca
Teño unha espiña cravada
A teño cravada na alma
Teño unha cousa escondida que todo mo calma
Tiña catro ferrados
Deixoumos niña nai querida
Deixoume todo o que tiña tamén as feridas
Déixame ir onde a ermida que non teño vida se non é para ti
Átalle o cinto a esa viga que ela ben aguanta o que che vou decir
Teño galiñas e porcos
Vivimos todos na casa
Téñolle chave de ferro e xa ninguén pasa
Toda a terra que teño
A teño pegada no corpo
Teño unha fosa furada para cando esté morto
Déixame ir onde a ermida que non teño vida se non é para ti
Átalle o cinto a esa viga que ela ben aguanta o que che vou decir
Teño o medo no corpo
Teño un sacho e unha gadaña
Teño débedas pendentes coa santa campaña
Teño o alento gardado
Dunha besta ferida
Teño o día grabado da túa partida
Déixame ir onde a ermida que non teño vida se non é para ti
Átalle o cinto a esa viga que ela ben aguanta o que che vou decir