On the Road
Popularity · Low
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Mozos que van polos bares e piden unha máis
Saben o que é a rincadeira e ninguén os vai parar
Xente ao lonxe da cidade quénxase porque está mal
Prostitutas e mandantas, entre o whisky e o jazz
Estamos todas no camiño, coma dixo Kerouac
Sérveme outra copa, xefe (sérveme outra copa)
P'ra aliviarme desta dor (sérveme outra copa)
Sérveme outra copa, xefe (sérveme outra copa)
E un chisco de rock & roll
Enredáronse os parvos cos laretas a falar
Disque o viño está picado pero seguen a tragar
Tula, e pra casa xa marchamos, que mañá hai que ir choiar
Entre cantos e tabernas, só buscaba o teu ollar
Sérveme outra copa, xefe (sérveme outra copa)
P'ra aliviarme desta dor (sérveme outra copa)
Sérveme outra copa, xefe (sérveme outra copa)
E un chisco de rock & roll