Skip to content
Lyric
Dive
Public playlists
My playlists
Search
Sign in
Pel de serpe
Ataque Escampe
Popularity · Low
+
🇬🇱 Galician · Original
0
0
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Original
Translation
Bilingual
Aí vou procurando a gloria,
superrápido, no meu dodge con redutora.
Aí vou coa pel de serpe desta cazadora
pensando no fría que é a vida a esta beira da dor.
Sei que vos odio con esa pose intelectual,
a cuestión nacional, piratas por amor ao ron.
Ron, ron, ron.
Simpáticos e irónicos, doentes pola acción,
Rambo e Rimbaud, a grande evasión,
o universo sodes vós.
Aí vou sentindo a cafeína no espectáculo das noite e dos días,
aí vou, e cando me suba a bilirrubina
non haberá unha puta aspirina a esta beira da dor.
Non é tan fácil desde a cabina dun camión
o soul de Detroit e a estética do oitenta e dous.
Boys, boys, boys.
Nostálxicos e histriónicos, no guateque Marvin Gaye
(que non foi quen de matar o pai, foi o pai que o matou a el).
Aí vou procurando a gloria,
como un lóstrego por un bosque de magnolias.
Aí vou coa pel de serpe desta cazadora.
Falade do dura que é a vida a esta beira da dor.