Skip to content
Lyric
Dive
Public playlists
My playlists
Search
Sign in
Centos de Km
Satxa
Popularity · Low
+
🇬🇱 Galician · Original
0
0
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Original
Translation
Bilingual
Centos de km
nos separan na distancia
pero os nosos corazóns
están sempre ao teu carón.
Moi lonxe do teu fogar,
a familia non esquece,
e reclaman pola dor
acabar coa dispersión.
Dignidade ían buscar,
reclamando identidade,
unha terra, un sentir,
a lingua da nosa patria.
Quixéronos separar
pero vailles quedar claro
que muros non frearán
ideas nin corazóns.
Loitador non te deteñas,
ten cada hora novo alento
segue a luz que te ilumina
mira acotío pra o ceo.
Loitador non te deteñas,
levas verdade no peito,
e a estrela que te guía
ten resplandores eternos.
Un pobo que xa está en pé
é mais forte e respectado,
non nos van poder calar,
co seu odio contra nos.
Sabemos ben que facer,
moita solidariedade.
E a nosa arma pra vencer
é que non te sintas so.
Unha historia sen final
que chega ata os nosos tempos,
non serán quen de acalar
o clamor de un pobo enteiro.
Alento en cada palabra,
en cada frase e en cada verso,
alento que nos bastará
pra ceibar os nosos presos.