Outono
Uxía Lambona e a Banda Molona
Popularity · Low
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
O outono xa chegou
As follinhas caen
As follinhas caen
E cambian de cor
O outono xa chegou
As follinhas caen
As follinhas caen
E cambian de cor
Unha das follinhas caeume nunha perna
(Caeume nunha perna)
Unha das follinhas caeume nun brazo
(Caeume nun brazo)
Unha das follinhas caeume no cu
(Caeume no cu)
Na perna, no brazo, e outra no meu cu
Imos enredar coas follas
Verdes, laranxas e amarelas
Imos enredar coas follas
Correndo e saltando nelas
O vento sopra sen parar
Os ourizos caen
Os ourizos caen
Poden te picar
Un dese ourizos caeume na miña man
(Caeume na miña man)
Un dese ourizos caeume na cabeza
(Caeume na cabeza)
Un dese ourizos caeume no meu pé
(Caeume no meu pé)
Na miña man, na cabeza, e outro no meu pé
Imos preparar un magosto
Coas castañas que apanhamos
Imos preparar un magosto
E as caras de negro pintarnos
Parece que vai chover
Mira para o ceo
Mira para o ceo
Pingas van caer
Unha pinga de auga caeume nun ollo
(Caeume nun ollo)
Unha pinga de auga caeume na miña boca
(Caeume na miña boca)
Unha pinga de auga caeume no meu nariz
(Caeume no meu nariz)
Nun ollo, na boca, e outra no nariz
Imos precisar un paraugas
Para non mollarnos de todo
Imos precisar un paraugas
Para non mollar máis o corpo