Skip to content
Lyric
Dive
Public playlists
My playlists
Search
Sign in
A frol da iagua
Luar na Lubre
Popularity · Low
+
🇬🇱 Galician · Original
0
0
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Original
Translation
Bilingual
Madrugada de san Xoan,
madrugada máis garrida,
que baila o sol cando nace,
e rí cando morre o día.
¿Onde vai nosa señora,
onde vai Santa María?
-Vai cara a banda do mar,
vai cara a banda da ría.
¿Que dis a virxe, que dis,
que dis Santa María?
-¿Cal será a meniña, cal
que colla a frol d'augoa fria?
-Non será dama nin deuda,
que será a princesa Aldina,
a princesa namorada
filla do rei de Galicia
Non hai outra coma ela,
tan feitiña e tan bonita
aqueles seus ollos craros
do color d'augoa da ría.
Soio ti, Aldina, serás
quen leve a frol d'augoa fria.
Soio ti, Aldina, serás
quen leve a frol d'augoa fria.
Érguete do leito, nena,
ven cara a banda do mar,
qu'anque ti veñas soíña
en compaña has de tornar.
Na torre do real palacio
Anque inda está lonxe o día
Móvense o liños dun leito
Algunha xente se erguía
É a princesa! Deu-la garde!
Era a moi garrida Aldina,
Que vai o día de San Xoán,
Cata-la frol d'augoa fría.