Skip to content

A vitoria

Popularity · Low

YouTube

Searching YouTube...

Lyrics

Humana como son crin na vitoria como cre unha nena na festa da parroquia. Queimei a pel no verán, foi un momento nada máis. Que merda de memoria. Non vou facer nunca máis por estar triste, e ti vaille chorar os vellos tempos a outra mona, hai a quen si lle divirte. Eu seguirei bailando en setembro. En setembro. Lucirei toda de festa por dentro, por fóra os vaqueiros vellos. Podiades vir cantar á miña casa. Eu son unha orquestra das de antes e o resto esquézoo: como esquezo o amor, se non o quero, esquezo o desemprego. Esquezo o desemprego. Lucirei toda de festa por dentro, por fóra os vaqueiros vellos. Podiades vir cantar á miña casa. Eu son unha orquestra das de antes e o resto esquézoo: Como esquezo o amor que me abandona, eu así me rebelo. Eu así me rebelo.