Skip to content

Sós

Popularity · Low

YouTube

Searching YouTube...

Lyrics

Fumos ficando sós O mar, o barco e máis nós Roubáronnos o sol Roubáronnos o sol O paquebot esmaltado Que cosía con liñas de fume Áxiles cadros sen marco Áxiles cadros sen marco As nosas soedades Veñen de tan lonxe As nosas soedades Como as horas do reloxe Roubáronnos o vento Aquel veleiro que se evadeu Pola corda froxa do horizonte Pola corda froxa do horizonte Este océano desatracou das costas E os ventos da roseta Orientáronse ao esquezo Orientáronse ao esquezo As nosas soedades Veñen de tan lonxe As nosas soedades Como as horas do reloxe As nosas soedades Veñen de tan lonxe As nosas soedades Como as horas do reloxe Pero tamén sabemos A maniobra dos navíos Que fondean a sotavento A sotavento dunha singradura No cuadrante estantío das estrelas Ficou parada esta hora O cadáver do mar Fixo do barco un cadaleito Fume de pipas, saudade Noite sinendo brío E ficamos nós sós Sen o mar e sen barco, nós Sen o mar e sen barco, nós Sen o mar e sen barco, nós Sen o mar e sen barco, nós Sen o mar e sen barco, nós