Un espazo Contigo
Popularity · Low
YouTube
Searching YouTube...
Lyrics
Se puidese pintar o aire
Se puidese facer canción
Eu pintaría unha travesía
Nun pentagrama en clave de sol
Quedaría contigo
En Aries ou Orión
Iria contigo
De tigre a camaleón
E gravitar, aboiar
Imaxinar, mergullar
Rotaría contigo
En constante traslación
Arredor das estrelas
Astros e constelacións
Anos luz do incerto
Anos luz do incorrecto
Onde non pese nada
Onde pase de todo
Onde non pese nada
Onde pase de todo
Se puidese pintar o aire
Se puidese facer canción
Eu pintaría unha travesía
Nun pentagrama en clave de sol
Levaría o teu nome
A Marte, a Plutón
Nasza dun asteroide
En constante aproximación
Desorbitar, orbitar
Ser gas interestelar
Cruzaría contigo
En calquera dirección
En cometa, en estelas
Perseidas, en polvo
Ver a aurora boreal
Na hora crepuscular
Ser do firmamento
Aliarse co vento
Ser do firmamento
Viaxando no tempo
Ser do firmamento
Viaxando no tempo