María Baiteira
Popularity · Moderate
Listen
YouTube
0:00 / 0:00
Loading YouTube player...
Lyrics offset
Synced
Lyrics
Señora da saia leda
e do refaixo garzón,
u-las gaitas cantoras
de bailar arroutador.
Señora percorredora
dos camiños da nación,
u-las harpas bringuelas
coma paxaros de amor.
Señora desvergoñada
digna de todo louvor,
u-los reis e cabaleiros
que andaban ao teu redor.
María Balteira,
señora do sol,
u-los van os tempos
de arelas de amor.
María Balteira,
señora do sol.
Os camiños dos xograres
xa son camiños de dor,
e non resoan nas feiras
a túa leda canción.
Xa non se escoitan na terra
as coplas do teu louvor,
e os amenceres son tristes,
e harpas non hai no solpor.
A pedra fría te cobre
no último sono traidor,
e tal vez sobre ti medra
malva de tristeira cor.
U-los van os tempos
u-los días son
dos pinchacarneiros
nos prados en flor.
Maria Balteira,
señora do sol.
Os teus amigos son cinza
e o teu sorrir é remol,
os teus camiños cegaron
e os teus amores son po.
Máis a túa lingua de carne
pervive na nosa voz,
e algún día escoitaremos
o cantar do reiseñor.
Paxaro que canta á noite
antes que saia o albor
cantigas de tempo novo
pra unha Compostela en flor.
María Balteira,
señora do amor,
han chegar os tempos
do abrente do sol.
Maria Balteira,
señora do amor.