Skip to content
Lyric
Dive
Public playlists
My playlists
Search
Sign in
Quixera Ser
Hugo Guezeta
Popularity · Low
+
🇬🇱 Galician · Original
0
0
Listen
YouTube
1
2
3
0:00 / 0:00
Loading YouTube player...
Lyrics offset
Synced
Lyrics
Original
Translation
Bilingual
Quixera ser ese neno que soñaba,
Cunha meta que tiña pensada,
Unha noite que nunca se acaba,
Eu quixera ver no fondo desa mirada
E que se convertera nunha rima,
Fuxindo da dogmática doctrina,
De todo aquel que discrimina
Quixera ser xustiza e que vencera Palestina!
Que na Galiza non mudara o clima,
Chegar a tocar pola Arxentina,
Que as mulleres non teñan rutina,
De sentir medo cando van cruzala esquina
Eu, quixera ser o páxaro ceibe no ceo
Mais, non creo poder voar
Quixera vela matria que anceio,
Liberada no meio do teu ollar
Quixera poder avanzar, coller e danzar,
atoparme para voltar comezar,
a nosa guía non está en ningún altar,
nin a valentía nun servizo militar,
rap que fixo tiritar ao poderoso
eu, quixera ser de todo menos pretencioso,
que quen despreza a nosa lingua non se flipe,
recapacite e queira a valorar o noso!
Quixera ser ese neno que soñaba
Cunha meta que tiña pensada
Unha noite que nunca se acaba aa aa aa...
Que che vou contar meu camarada,
Quixera vela terra desexada,
Que esta letra fose recordada,
Polo seu sentir máis que por nada,
Temos na memoria sempre cada,
Voz que se voltou represaliada,
Por cada persoa silenciada,
Ergueremos entre a barricada!
Quixera ser contigo,
da túa man, sen ter un plan,
Que a miña xente non lle falte o pan
Capitalismo destructivo,
Porque haber hai moito sí, pero moi mal repartido
Quixera ser o latido que sae do peito,
E que do noso curro non saque ninguén proveito,
Privatizan merdas, socializan perdas,
Vou pola esquerda aínda que busque dereitos,
Dalle xeito, Hugo dalle xeito
E non te censures nunca ate chegar ao cadaleito,
Que cando morras e noten a túa falta
Penses, cabeza alta e traballo ben feito!
Quixera percorrerte ben
Como aquel día que xemías entre vao,
Eu quixera escrebere na túa pel
Os versos de Rosalía ou Castelao,
Quen me dera voltar outra vez aquel
Tempo que vivía despreocupao,
Eu quixera que o fique neste papel
Quedara para sempre do teu lao!
Quixera ser ese neno que soñaba,
Cunha meta que tiña pensada,
Unha noite que nunca se acaba,
Eu quixera ver no fondo desa mirada
E que se convertera nunha rima
Fuxindo da dogmática doctrina,
De todo aquel que discrimina aa aa aa
Quixera ser ese neno que soñaba
Cunha meta que tiña pensada
Unha noite que nunca se acaba aa aa aa...