Teño saudade
Safari Orquesta
Popularity · Low
Listen
YouTube
0:00 / 0:00
Loading YouTube player...
Lyrics offset
Synced
Lyrics
[Estribillo: Xosé Luís)
Tenho saudade, saudade teño de ti
Tenho saudade de ti, meu ben
Tenho saudade de ti
Dixen saudade: botar de menos a alguén
Querer e non poder, tentar, probar, ceder
Xogar e perder, de nada vale facer
O imposible por ter, crónica da morte anunciada
A feble mirada do perdedor e vencido
Do odiado e querido, levantar, desvarar
Buscarte e non estar, nestas rúas xeadas
A cordura non vale de nada
Só a necesidade de verte e tocarte sen medo
A que te vaias confundida e perdida
Co fume dun barco vello
Tenho saudade, saudade teño de ti
Tenho saudade de ti, meu ben
Tenho saudade de ti
Teño saudade de ti, teño saudade de min
Daquelo que vin e din que non voltara outra vez
Non abunda só con querer, vexo as diapositivas
Das noites quentes e frías, nesa cidade imposible
Do teu retorno imposible, do noso amor invisible
Rimo das ondas na praia, berlo de prata no mar
Esa caixa de cristal nunca xamais se abrirá
Neses posos do café que son xuíces á vez
Daquel escura vencer, daquel ser e non ser
Daquela area que garda ben dentro con chave
E non abre as portas da túa e alma
Tenho saudade, saudade teño de ti
Tenho saudade de ti, meu ben
Tenho saudade de ti