Unha Paisaxe Máis Salvaxe
Popularity · Low
Listen
YouTube
0:00 / 0:00
Loading YouTube player...
Lyrics offset
Synced
Lyrics
Fai que non durmo
Fai que non teño ialma
Canso de ollar
O mundo perdendo a maxia
Soño cun novo amencer nas miñas mans
Unha paisaxe máis salvaxe
Quero que o cío veña darme os bos días
Que a lebre e o corzo veñan a orar o almorzo
Que a perdiz e o paspalloas mordan o cun
Do cazador e a súa estirpe
Teño o costume
De festexar o bosque
A voz dos paxaros
Sempre é a miña compaña
E esta dor que afonda máis ao me lembrar
Que pouco a pouco esvanece
Quero soñar
Dormir coma unha meniña
Quero sorir
De novo coa miña ialma
E correr e me ceibar da miña dor
Voar coma unha bolboreta
Quero correr co cervo
E máis coa gacela
Voar coa curuxa, coa torda
E tamén coa anduriña
Quero nadar no río
Co pargo e a troita
Conxurar o son do luar
Das pedras e o mar
Noitando ao lado das lobas e as cervas
Quero xogar coa topa
E máis coa raposa
Cantar coa burriña
Á sombra dunha sabugueira
Sorrir cunha vaca, cun porco
E cunha galiña
E correr e me ceibar da miña dor
Voar coma unha bolboreta