Skip to content

A vida contemplativa

Popularity · Low

Listen

YouTube

0:00 / 0:00
Loading YouTube player...
Lyrics offset
Synced

Lyrics

Vivo nunha burbulla de xabón Que flota nas alturas e non logra pisar terra firme Xira entre as nubes de cor violeta Cando o sol marchou e a lúa sube E pregúntome cando parará Esta viaxe que non volve, vai, que ascende sen querer baixar E pregúntome ás veces se o flotar é natural Ou é, sen máis, un modo de escapar Hoxe da igual Un café con canela ao mediodía, un cigarro máis para esfumarme Unhas raiolas de sol, quizais un toque de guitarra, unha canción E o tempo escorrégame dos dedos sen dicirme que pasou Hoxe cansouse de avisar co seu tic tac e xa marchou do seu corpo hermético de brazos de metal Ah... pra non esquecer escribo outra lista de cousas que facer Moito máis linda e ordenada que a que aínda non tachei E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei Ai... a vida contemplativa Ai... burbulla de xabón Ai... a vida contemplativa Que me embruxa, que me embriaga, que me namora, que me alporiza! Hoxe da igual Un paseo polo parque, una fala, un avión, unha cometa no ceo, flores naquel balcón E miro as estrelas cando non está Lorenzo alumando o meu sillón E a lúa xa volve encher, xa foi, pasou un mes, xa cambiou a estación E eu sigo aquí, sempre coa mesma canción Ah... pra non esquecer escribo outra lista de cousas que facer Moito máis linda e ordenada que a que aínda non tachei E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei Ai... a vida contemplativa Ai... burbulla de xabón Ai... a vida contemplativa Que me embruxa, que me embriaga, que me namora, que me alporiza! E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei E repítome: "mañá comezarei", e mañá era hoxe, non me decatei