Criptozooloxía aplicada
Popularity · Low
Listen
YouTube
0:00 / 0:00
Loading YouTube player...
Lyrics offset
Synced
Lyrics
De entre todos os funestos animais,
desconfía das palabras e das contas:
pódeche saír moi caro publicar
a descuberta do animal con roupa.
E o cinismo é unha liña editorial
na que nunca colle a criptozooloxía,
porque alerta sobre os xeitos de cazar
e aínda por riba fala doutras formas de vida.
E se vas ao Lago Ness
ten coidado de te ver no
espello das augas turbias dos outros.
E se ves a Santa Claus
saúdao sempre ao pasar:
é importante a paz entre os monstros.
Criptozooloxía aplicada
á túa miserábel condición humana.
Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.
De entre toda a camuflaxe de arredor,
busca sempre a humidade e a quentura.
Non pretendas poder escapar da dor
pero enlámate en estrañas aventuras.
Por exemplo faite mozo de King Kong
e desfruta da vertixe das alturas.
Dalles de hostias a todos os avións.
Morre sangrando pola pel das túas
musas.
E se vas ao Lago Ness
ten coidado de te ver
no espello das augas turbias dos outros.
E se ves a Santa Claus (agora vou rectificar),
dispara antes de que se arme o monstro.
Criptozooloxía aplicada
á túa miserábel condición humana.
Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.
Criptozooloxía aplicada
á túa miserábel condición humana.
Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.